A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesión presenciais
(sesión maxistrais, seminarios e sesión prácticas de resolución de exercicios). Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da calificación final): (1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%). (2) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (5%). (3) Proba escrita final
(60%): Abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre, (4) Traballo e presentación
(25%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes (mínimo dous, máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo do curso. Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (3) e (4) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior. O alumnado que non supere a
avaliación continua na primeira convocatoria (xuño) deberá presentarse a una
proba escrita única en xullo, que contará o 75%. O restante 25% corresponderá ó traballo-presentación feito durante a avaliación continua. Se a nota acadada no traballo-presentación fose negativa, o alumno terá a oportunidade, se así o desexa, de repetir o traballo para a convocatoria de xullo (en versión únicamente escrita a entregar o día do exame). A nova calificación, sexa esta positiva ou negativa, terase en conta na convocatoria de xullo nunha porcentaxe do 25%. Se algún alumno/a non pode cumprir coa obrigatoriedade de asistir ó 80% das sesións maxistrais, seminarios e de resolución de exercicios, deberá comunicarllo ó
profesorado argumentadamente ó comezo do curso para estudar a maneira de
aplicar a avaliación continua sen asistir ó 80% das clases. Este
alumnado poderá realizar na convocatoria de xuño a proba escrita que
terá lugar na data
oficial fixada polo Centro e que suporá un 75% da nota, e entregar o traballo escrito nesa mesma data, que terá un valor do 25%. De suspender esta convocatoria, poderá presentarse na de xullo, na que a proba escrita de novo terá un valor do 75% da calificación. Se a nota acadada no traballo escrito da convocatoria de xuño fose negativa, o estudante poderá repetila na convocatoria de xullo, entregando o traballo o día do exame de xullo. Recoméndase encarecidamente ó alumnado
asistir a
cantas sesión presenciais poida, mesmo que non acade o 80% requirido.
N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a caalificación final será de suspenso. |