Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación activa nas sesións maxistrais e a realización das lecturas previas asignadas teranse en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Seminarios A participación activa nos seminarios terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios A correcta realización dos exercicios propostos nas sesións prácticas terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Traballos e proxectos Traballo escrito e presentación oral en grupos (tres persoas máximo) na data que se indique para cada tema ó comenzó do curso. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados polo miúdo na clase e en Faitic. En liñas xerais trataránse de estudos descriptivos sobre un tema específico relacionado cos contidos da materia nos que se aborden distintas perspectivas teóricas ó seu análise. Tamén terá cabida a suxerencia de actividades prácticas, posibles estudos de lingüística de corpus ou a aplicación dos contidos á ensinanza da materia. Unha versión escrita breve do traballo será entregada á profesora e o grupo deberá expoñelo na clase con medios audiovisuais durante una duración aproximada de15 minutos. Antes do remate da sesión, o resto do alumnado deberá intervir para dar a súa opinión, que tamén se lle poderá pedir por escrito en forma de breve enquisa.
A continuación inclúese un listado provisional de temas coa data aproximada de exposición e a estructura do traballo:
Posibles temas:
1. Varieties of English (week 4); 2. Lexical morphology (week 5); 3. Clause type: asking, exclaiming and directing (week 6); 4. Modality and modal verbs (week 7); 5. Negation and related phenomena (week 8); 6. Coordination (week 9); 7. Comparative clauses (week 10); 8. Passive clauses (week 11); 9. Extraposition (week 12); 10. Existential clauses (week 13); 11. The it-cleft construction and pseudo-clefts constructions (week 14); 12. Dislocation, preposing and postposing (week 15);
Structure: 1. Introduction: aims and contents; 2. Terminology and basic definitions; 3. Exemplification and discussion; 4. Discussion of different theoretical approaches (if applicable); 5. Empirical corpus data (if applicable); 6. Conclusions; 7. Exercises (optional); 8. Bibliography
25
Outras Proba escrita realizada ó final do curso con combinación de preguntas curtas e exercicios.
Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas, e inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
Para resolver os exercicios da proba, o alumno debe aplicar os coñecementos e competencias que adquiriu.
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesión presenciais
(sesión maxistrais, seminarios e sesión prácticas de resolución de exercicios). Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da calificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%).

(2) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (5%).

(3) Proba escrita final
(60%): Abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre,

(4) Traballo e presentación
(25%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes (mínimo dous, máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo do curso.

 Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (3) e (4) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non supere a
avaliación continua na primeira convocatoria (xuño) deberá presentarse a una
proba escrita única en xullo, que contará o 75%. O restante 25% corresponderá ó traballo-presentación feito durante a avaliación continua. Se a nota acadada no traballo-presentación fose negativa, o alumno terá a oportunidade, se así o desexa, de repetir o traballo para a convocatoria de xullo (en versión únicamente escrita a entregar o día do exame). A nova calificación, sexa esta positiva ou negativa, terase en conta na convocatoria de xullo nunha porcentaxe do 25%.

Se algún alumno/a non pode cumprir coa obrigatoriedade de asistir ó 80% das sesións maxistrais, seminarios e de resolución de exercicios, deberá comunicarllo ó
profesorado argumentadamente ó comezo do curso
para estudar a maneira de
aplicar a avaliación continua sen asistir ó 80% das clases. Este
alumnado poderá realizar na convocatoria de xuño a proba escrita que
terá lugar na data
oficial fixada polo Centro e que suporá un 75% da nota, e entregar o traballo escrito nesa mesma data, que terá un valor do 25%. De suspender esta convocatoria, poderá presentarse na de xullo, na que a proba escrita de novo terá un valor do 75% da calificación. Se a nota acadada no traballo escrito da convocatoria de xuño fose negativa, o estudante poderá repetila na convocatoria de xullo, entregando o traballo o día do exame de xullo.


Recoméndase encarecidamente ó alumnado
asistir a
cantas sesión presenciais poida, mesmo que non acade o 80% requirido.

N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a caalificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000