Seminarios |
A asistencia ós seminarios e a participación activa nos mesmos terase en conta como parte da avaliación continua da materia. |
2 |
Traballos e proxectos |
Traballo sobre un tema da guía docente que será entregado na data que se indique ó comezo do curso e que será publicada en Tema. Os obxectivos e características do traballo serán explicadas na clase ó principio de curso. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupos de dous. |
15 |
A avaliación será continua. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesións presenciais (sesións maxistrais, seminarios e sesións prácticas de resolución de exercicios). Se algún alumno ou alumna non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso.
Para que se avalíe positivamente a asistencia ás sesións presenciais, o alumno ou alumna deberá ter unha participación activa.
Na convocatoria de xullo, o alumnado de avaliación continua que asistiu a un mínimo de 80% das sesións presenciais e que non superou a primeira convocatoria deberá facer as probas da avaliación continua que non superou. As probas a repetir poderán ser o traballo e/ou a proba escrita. Gardarase a nota acadada pola asistencia e participación activa nas sesións presenciais.
O alumnado que non siga o sistema de avaliación continua realizará na convocatoria de xullo un exame que terá un valor do 100% da nota final. Recoméndase ó alumnado asistir ás sesións presenciais mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua. |