Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia ás sesións presenciais e a participación activa nas mesmas terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 8
Seminarios A asistencia ós seminarios e a participación activa nos mesmos terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 2
Resolución de problemas e/ou exercicios A asistencia ás sesións prácticas e a correcta realización dos exercicios propostos terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Traballos e proxectos Traballo sobre un tema da guía docente que será entregado na data que se indique ó comezo do curso e que será publicada en Tema. Os obxectivos e características do traballo serán explicadas na clase ó principio de curso. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupos de dous. 15
Outras Proba escrita realizada ó final do curso con combinación de preguntas curtas e exercicios.
Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas, e inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder en base aos coñecementos que teñen sobre a materia.
Para resolver os exercicios da proba, o alumno debe aplicar os coñecementos e competencias que adquiriu.
70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesións presenciais (sesións maxistrais, seminarios e sesións prácticas de resolución de exercicios). Se algún alumno ou alumna non pode cumprir esta condición, deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso.


Para que se avalíe positivamente a asistencia ás sesións presenciais, o alumno ou alumna deberá ter unha participación activa.


Na convocatoria de xullo, o alumnado de avaliación continua que asistiu a un mínimo de 80% das sesións presenciais e que non superou a primeira convocatoria deberá facer as probas da avaliación continua que non superou. As probas a repetir poderán ser o traballo e/ou a proba escrita. Gardarase a nota acadada pola asistencia e participación activa nas sesións presenciais.


O alumnado que non siga o sistema de avaliación continua realizará na convocatoria de xullo un exame que terá un valor do 100% da nota final. Recoméndase ó alumnado asistir ás sesións presenciais mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000