Para un óptimo aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e plantexar posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto.
Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feito as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado os apuntamentos das clases maxistrais.
Recoméndase a consulta regular da plataforma Faitic posto que a través dela a profesora fará anuncios e porá a disposición do alumnado materiais necesarios para un óptimo aproveitamento das sesións presenciais.
Competencias previas desexables:
- Bo coñecemento da lingua inglesa.
- Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca.
- Manexo básico de ferramentas informáticas e internet.
Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas.
|