Educational guide 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Pronunciación do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01901


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingüística: Describir a linguaxe/V01G180V01201
 
Outros comentarios
Para un excelente aproveitamento das leccións maxistrais é recomendable que o alumnado teña feitas as lecturas obrigatorias antes de cada sesión para asimilar mellor os contidos que se van explicar e expor posibles dúbidas ou facer comentarios ao respecto. Para a resolución de exercicios e outras actividades prácticas é imprescindible ter feitas as lecturas obrigatorias correspondentes así como revisado as notas das clases maxistrais. Tanto para seguir as clases maxistrais como para a resolución de actividades prácticas recoméndase non só a consulta do libro de texto senón tamén a consulta de fontes bibliográficas complementarias. Todas elas están a disposición do alumnado na biblioteca. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais dispoñibles na plataforma Faitic (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas. Competencias previas desexables: - Bo coñecemento da lingua inglesa (nivel B2 ou superior). - Uso dos diferentes recursos que ofrece a Biblioteca. - Manexo básico de ferramentas informáticas e Internet. Para a consecución destas competencias previas recoméndase a asistencia a sesións formativas especializadas. Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de actividade ou exame suporá un cero nesa proba ou exame. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá á/ao alumna/o da súa responsabilidade neste aspecto. Durante as clases presenciais, o alumnado non poderá utilizar dispositivos móbiles (iPhone, tableta, PDA ou similares) nin computadores, a non ser que a docente permita ou requira a utilización destes dispositivos con algunha finalidade pedagóxica. Cómpre lembrar ao alumnado que debe respectar os dereitos de copyright, tanto dos libros utilizados como apoio á docencia coma dos materiais orixinais elaborados e facilitados pola docente na aula ou a través da plataforma de apoio á docencia. Recoméndase ao alumnado de intercambio interesado en cursar esta materia ter un dominio da lingua inglesa alomenos correspondente ao nivel B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas. O estudo suprasegmental iniciado nesta materia continúa na materia de 4º curso "Discurso oral do primeiro idioma estranxeiro: Inglés" (V01G180V01901) co estudo dos sistemas de entoación, entre outros contidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000