Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro V: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Tal e como se explicou, explicacións teóricas e actividades prácticas irán intercalándose. O alumnado será avaliado pola súa participación e implicación no desenvolvemento das sesións, así como polos resultados obtidos nas actividades realizadas.
Ao longo destas sesións, e especialmente cara ao remate do cuadrimestre (as datas exactas serán sinaladas pola profesora coa conveniente antelación) realizaranse as probas precisas para avaliar as destrezas gramaticais, orais, de vocabulario, de escoita, de lectura e de escrita.
60
Resolución de problemas e/ou exercicios As destrezas gramaticais, de vocabulario, de escoita, de lectura e de escrita serán exercitadas e avaliadas ao longo destas sesións. É posible que o alumnado deba entregar traballos escritos de diversa índole. As datas de entrega de traballos escritos serán sinaladas pola profesora con suficiente antelación. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Tal e como se especifica na sección "Metodoloxía docente", as actividades realizadas durante este tempo poden ir encamiñadas á preparación de traballos que o alumnado deba expoñer posteriormente nas sesións presenciais. Desta maneira, será nas sesións presenciais cando se leven a cabo as presentacións orais que permitan avaliar as destrezas orais do alumnado. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(A) 1ª EDICIÓN DE ACTAS


(i) Avaliación continua:


O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso. O alumnado que non poida cumprir co requisito do 80% da asistencia deberá comunicarllo á profesora o antes posible, por escrito e de maneira argumentada. No caso de que a non asistencia estea debidamente xustificada, a avaliación destes alumnos será única (véxase (ii)).


No proceso de avaliación continua, cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, ao longo do curso. O alumnado deberá aprobar cada unha das partes que compoñen a materia e o suspenso nunha destas partes implicará un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado examinarase no mes de xullo (véxase (B)) da(s) parte(s) suspensa(s).


As datas de entrega de traballos escritos e as datas das posibles exposicións orais serán fixadas no calendario con antelación suficiente e non se aceptarán entregas fóra de prazo. A non entrega dun traballo en tempo e forma puntuará como 0.


O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.


(ii) Avaliación única:


Será empregada para avaliar ao alumnado que non poida cumprir co requisito do 80% da asistencia. Consistirá nun único exame final  que computará como o 100% da cualificación. O exame constará de diversas partes correspondentes a gramática, vocabulario, lectura, escrita, escoita e produción oral (sendo as porcentaxes as mesmas que as empregadas na avaliación continua).


(B) 2ª EDICIÓN DE ACTAS


O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame único ao final do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe oficialmente para o mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de diversas partes correspondentes a gramática, vocabulario, lectura, escrita, escoita e produción oral (sendo as porcentaxes as mesmas que as empregadas na avaliación continua).


Tal e como se explicou en (A), a este exame poderán presentarse aqueles alumnos/as que teñan suspensa(s) alguna(s) das partes da materia. Nese caso, estes estudantes deberán examinarse só da(s) parte(s) suspensa(s).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000