Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Segundo idioma estranxeiro II: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Valoración continua da participación activa en todas as actividades desenvolvidas no aula. Puntuación dos traballos e exercicios entregados durante o curso nas clases teóricas e prácticas. 40 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG1
CG3
CG5
CG7
CG10
CG12
CG13
CE15
CE17
CE18
CE19
CE147
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de contido léxico, gramatical e cultural; proba oral de apoio en casos puntuales que o requiran, como avaliación única ou casos dubidosos con baixa nota no escrito. A nota sería a suma de ambas probas (escrita e oral). 60 CB3
CB4
CG5
CE17
CE18
CE19
CE147
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Odesenvolvemento desta materia apóiase no método MENSCHEN e o emprego do seu manual ou LEHRBUCH, do libro de exercicios ou ARBEITSBUCH e do GLOSSAR ou guía ten carácter obligatorio: véxanse as referencias destes libros na sección de bibliografía desta guía. É responsabilidade do alumnado obter unha copia impresa ou digital de devanditas referencias para obo seguimiento do curso.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes descritas máis arriba.

Para obter o 40% establecido para os traballos de
aula, atenderase á participación regular e activa na aula (orientativamente,
sobre a base dunha asistencia non inferior ao 80% das horas totais),
además da entrega de traballos. Os criterios serán explicados na primeira sesión do cuadrimestre e serán publicados en Faitic. A proba escrita realizarase na data fixada para
esta materia no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para poder
presentarse a ela é requisito obter polo menos un 4 nas actividades ou
traballos de aula.

O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua debe comunicarlle á profesora responsable da materia (María José Corvo Sánchez) que se acolle á avaliación única ao comezo do curso, durante as primeiras dúas semanas de clase.

Este alumnado deberá realizar un exame escrito sobre os contidos da materia (e as leccións do método Menschen), que se realizará na data oficial fixada no calendario aprobado pola Xunta da FFT, e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 50% e o segundo cun valor do 50% da nota. Así mesmo, para poder presentarse á proba oral é requisito obter polo menos un 4 na proba escrita.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación continua, a segunda edición de actas constará dun exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación, que se realizará na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT.

Quen durante o curso obtivo un resultado positivo pola súa participación activa nas clases, pode recibir unha mellora da súa nota agora de ata 2 puntos sobre 10, se así o considera a profesora responsable.

Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 50% da nota. Este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 50% da cualificación para superar a materia. Esta realizarase nunha data concertada co profesorado e para poder facela é requisito obter polo menos un 4 na proba escrita.

ADEMÁIS, en calquera das convocatorias de exames e independentemente da modalidade, continua ou única, debe terse en conta tambén o seguinte.

En todas as achegas evaluables, as notas non deberán ser inferior a 4 para superar a materia. Os resultados positivos obtidos na primeira convocatoria de exames (avaliación continua e única), malia a non superación da materia, gardaríanse para a nota da segunda convocatoria, de modo que o alumnado non tivese que repetir unha aportación evaluable xa superada.

O profesorado pode esixir a realización dunha proba oral complementaria a aquel alumnado que, segundo o seu criterio razoado, non demostrase suficiente competencia na materia, porque o profesorado por calquera causa precise
confirmar mellor o seu nivel na materia ou ben en caso de sospeita da autenticidad da autoría de calquera achega evaluable (traballo de aula, traballos escritos, exames), xa sexa por copia ou por plagio. O contido estaría orientado a unha ou máis das achegas evaluables e a nota repercutiría, respectivamente, na porcentaxe establecida para cada unha delas.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000