Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Idioma moderno: Primeiro idioma estranxeiro III: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas baseadas nos contidos gramaticais e léxicos impartidos. 50
-
Grammar: 30, Vocabulary: 20
Presentacións/exposicións Avaliación das presentacións orais e simulacións feitas nas clases prácticas. 20
Traballos de aula Probas de escoita realizadas nas respectivas sesións de aula. 20
Debates Avaliación dos debates realizados nas clases prácticas. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este proceso de avaliación está deseñado para todo o alumnado que asista a clase regularmente. Excepcionalmente, aquelas persoas que non podan asistir ao 80% das sesións presenciais por algunha causa xustificada e demostrada documentalmente, deberán comunicalo por escrito ao profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Pasarán a ser avaliados mediante un exame escrito a final de cuadrimestre que suporá o 70% da nota e constará de exercicios de gramática (30%), vocabulario (20%) e escoita (20%). Haberá tamén un exame oral que contará como o 30% restante.


En calquera dos dous xeitos de avaliación, o alumnado debe aprobar todos os apartados da avaliación para aprobaren a asignatura. No caso de suspenderen algunha sección, ésta(s) poderán repetirse para a segunda edición de actas, en xullo, na que se poderán conservar as outras notas. No caso das presentacións e debates, a nova avaliación farase en forma de exame oral.


Durante o curso, o profesorado informará das datas de entrega de exercicios realizados fóra da aula e as actividades que formen parte da avaliación continua con antelación suficiente. A non entrega de ditos exercicios ou a non participación nesas actividades de aula contará como cero puntos. O plaxio total ou parcial suporá a anulación da nota correspondente.


O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua poderase presentar en xullo para a segunda edición de actas. Nesta convocatoria faranse probas escritas e orais semellantes ás descritas ao final do primeiro parágrafo (exercicios de gramática: 30%, vocabulario: 20%, escoita: 20%, expresión oral: 30%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000