Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Lingüística: Describir a linguaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Estudo de casos/análises de situacións Pedirase ao alumnado que emita un xuízo razoado sobre un caso ou unha situación lingüística. Pode facerse tomando como base un texto. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As alumnas e alumnos deberán resolver exercicios de análise lingüística, nun nivel básico, de linguas diferentes 20
Probas de resposta curta O alumnado responderá por escrito, de xeito conciso e razoado, ás cuestións que se lle plantexen. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación é continua. Requírese o 80% de presencialiade na aula.

As alumnas e alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial deberán comunicalo á profesora, por correo electrónico, ao comezo do cuadrimestre. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, a través da plataforma de e-learning.

Quen non siga o sistema de avaliación continua poderá facer unha proba final, na convocatoria de xullo.

Se se precisa unha adaptación da avaliación por razón de discapacidade, debe informarse á profesora coa debida antelación. Deberá aportarse documentación xustificativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000