Nesta materia farase un percorrido de carácter eminentemente práctico pola historia da edición de textos. Practicarase a edición de textos antigos e contemporáneos. Exercitarase a lectura de manuscritos antigos. Tratarase das mudanzas provocadas polo uso das novas tecnoloxías na edición de textos así como dos novos soportes (e xéneros?) para os textos literarios.