Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Edición de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo consistirá na edición crítica dun pequeno texto medieval. 30
Estudo de casos/análises de situacións Valoraráse a argumentación razoada nas análises e estudos de casos concretos que se proporán sobre distintos aspectos da materia. 15
Debates Debate en rede ou na aula sobre algún punto conflitivo do temario. 12
Traballos de aula Prácticas sobre aspectos concretos rlationados coa materia que se estea dando. 13
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dúas probas. Unha de lectura de manuscritos (20% da nota) e outra de edición dun pequeno texto (10%).
A proba de lectura de manuscritos é fundamental, polo que será requisito imprescindíbel para poder superar a materia.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dous procedementos de avaliación.

1. Avaliación continua (só para os alumnos que asistan regularmente ás aulas (80%) e participen das actividades).

Por tratarse dunha materia de eminente carácter práctico, valorarase a intervención atinada do alumnado, tanto nos debates coma nos estudos de caso e outros traballos que se propoñan.

2. Avaliación única. Para os alumnos que non asistan regularmente ás aulas ou que aínda asistindo escollan esta modalidade, haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que se recollerá ao rematar o cuadrimestre (50%).

b. Un exame teorico e práctico de lectura de manuscritos e de edición  de textos (50%).

Na segunda convocatoria (así como para o período extraordinario de avaliación) haberá dúas probas de avaliación:

a. Un traballo de edición crítica dun texto, que deberá ser solicitado ao profesor con antelación suficiente (un mes como mínimo)(50%) .

b. Un exame teórico e práctico de lectura de manuscritos e de edición  de textos (50%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000