Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Poesía e prosa da literatura española dos séculos XVI e XVII
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Eventos docentes e/ou divulgativos Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común e debate cando cumpra.

5
Debates A participación é obrigatoria. Valorarase o acertado da intervención, a súa adecuación aos valores democráticos e a capacidade de diálogo e contra-argumentación. 10
Titoría en grupo Valorarase a preparación coa que se chega antes da presentación dun traballo de clase e o compromiso de cada persoa co grupo. 5
Traballos de aula Valorarase a presentación, a comprensión e coñecemento da materia, e o uso correcto da linguaxe. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Valorarase a presentación, a comprensión e coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. 20
Traballos tutelados Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia: o plaxio, tan estendido, é unha acción indigna nun/a universitario/a) e o uso dunha linguaxe correcta e precisa. 25
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade para intervir propondo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos
ou alumnas que prevexan que non van poder asistir a clase, deben advertilo por anticipado
ao profesor. Faise necesaria unha asistencia a clase en torno ao
75-80 %.

A proba única, válida tamén para quen non desexe seguir a avaliación continua,
constará de preguntas e exercicios que correspondan aos contidos da
materia e realizarase ao final do cuadrimestre.

A mesma
estrutura terá a proba de segunda convocatoria.

En segunda
convocatoria valorarase cun 50% os traballos superados na avaliación continua e o outro 50% por medio de exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000