Debates |
A participación é obrigatoria. Valorarase o acertado da intervención, a súa adecuación aos valores democráticos e a capacidade de diálogo e contra-argumentación. |
10 |
Traballos de aula |
Valorarase a presentación, a comprensión e coñecemento da materia, e o uso correcto da linguaxe. |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia: o plaxio, tan estendido, é unha acción indigna nun/a universitario/a) e o uso dunha linguaxe correcta e precisa. |
25 |
Os alumnos
ou alumnas que prevexan que non van poder asistir a clase, deben advertilo por anticipado
ao profesor. Faise necesaria unha asistencia a clase en torno ao
75-80 %. A proba única, válida tamén para quen non desexe seguir a avaliación continua,
constará de preguntas e exercicios que correspondan aos contidos da
materia e realizarase ao final do cuadrimestre. A mesma
estrutura terá a proba de segunda convocatoria. En segunda
convocatoria valorarase cun 50% os traballos superados na avaliación continua e o outro 50% por medio de exame. |