Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Poesía e prosa da literatura española dos séculos XVI e XVII
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes e/ou divulgativos O alumnado asistirá a conferencias ou a calquera outro evento formativo que se organice na Facultade e teña relación coa materia.
Debates O alumnado, organizado en grupos, debe defender oralmente unha idea, unha tendencia artística, unha actitude crítica ante certos textos ou escolas críticas, etc.
Titoría en grupo Preparación dos traballos que deben ser expostos, así como das diversas probas que se realicen ao longo do curso.
Traballos de aula Traballos realizados na aula, en grupo ou individualmente, de acordo coas directrices que indique o profesor ao comezo do curso.
Actividades introdutorias Presentación da materia e explicación dos contidos do temario, así como advertencia sobre os prerrequisitos para poder cursala con éxito.
Resolución de problemas e/ou exercicios Exercicios que exporá o profesor sobre materias explicadas en clase que o alumnado debe resolver.
Traballos tutelados Traballos que o alumnado debe realizar, en grupo ou individualmente, de acordo coas directrices que indique o profesor ao comezo do curso.
Sesión maxistral O profesor explicará tema por tema os contidos da materia. O alumnado debe prestar atención e tentar seguir a explicación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000