Actividades introdutorias |
Son actividades encamiñadas a expoñer os obxectivos, as principais tarefas do curso e a bibliografía da materia. Especificamente pídese ó alumnado a familiarización o antes posible cos símbolos fonéticos do AFI. |
Eventos docentes e/ou divulgativos |
Son horas dedicadas polo alumnado a acudir a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates etc. realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
|
Sesión maxistral |
Son as horas que o docente dedica a expoñer contidos da materia e as directrices e bases teóricas dos traballos, exercicios, comentarios e transcricións fonéticas que deberá facer o alumnado. Recoméndase que cando o profesor facilite por adiantado fotocopias ou outro material o alumnado traia previamente traballado ese material. |