Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Seminario de literatura galega ata 1900
   Contidos
Tema Subtema
1. Da Literatura Medieval á Contemporánea. Explicación histórica dos Séculos Escuros.
Principais textos literarios deste período.
2. Para unha nova periodización do Rexurdimento: Sarmiento e o seu Coloquio Frei Martín Sarmiento no contexto da Ilustración.
Análise do Coloquio.
O Coloquio como fonte e primeiro texto contemporáneo.
3. A Literatura galega ata 1863. A sociedade galega na primeira metade do XIX
Os textos dialóxicos.
A primeira xeración provincialista: Añón, Pintos e Fernández Morales.
4. A xeración de "Los precursores". O Banquete de Conxo e os novos horizontes políticos.
O concepto de "precursores".
O papel central de Murguía.
5. Rosalía de Castro. Cantares gallegos como principio e fin: unha nova lectura.
Follas novas: a revolución da nova escrita.
6. Eduardo Pondal. Queixumes: poesía e imaxinario nacional.
Poemas dispersos. Os Eoas.
7. Curros Enríquez. Política e sociedade en Aires da miña terra.
O divino sainete como primeira obra especular do sistema literario galego.
8. Prosa e teatro no XIX. Contos e novelas. Da Maxina á novela histórica.
O xornalismo.
Teatro: De A casamenteira a A fonte do xuramento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000