Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Estrutura e análise das linguas galega e española: Introdución á sintaxe
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O docente explicará na clase os contidos do programa mediante textos de apoio, apuntamentos ou diapositivas de powerpoint, facilitando a recollida de material por parte do alumno, a resolución de dúbidas así como a participación e debate dos discentes en relación cos diferentes problemas que afectan á sintaxe do galego e do español.
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente comentará na clase ou entregaralles por escrito aos discentes diferentes casos e problemas relacionados cos contidos da materia de sintaxe en xeral e coa análise sintáctica en particular.
Traballos tutelados O docente guiará a realización dos traballos.
Prácticas autónomas a través de TIC O docente servirase da plataforma TEMA para facilitarlles aos alumnos a realización de prácticas de análise sintáctica, lecturas e resumos, foros e comentarios e entrega de exercicios.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000