Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a atención e a capacidade do alumnado para intervir propoñendo ou rebatendo ideas, ou manifestando dúbidas ou dificultades de comprensión. 10
Eventos docentes e/ou divulgativos Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común e debate cando proceda. 5
Debates A participación é unha obriga. Valorarase o acertado da intervención e a súa adecuación aos valores democráticos . 10
Presentacións/exposicións Valorarase a seriedade, a orixinalidade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 10
Titoría en grupo Valorarase a preparación coa que se chega antes da presentación dun traballo de clase e o compromiso de cada persoa co grupo. 5 %
Traballos de aula Traballos de análise literaria, sobre obras do canon literario occidental. 10
Traballos e proxectos Valorarase a profundidade do tratamento do tema, a orixinalidade (estará penalizada ao máximo a copia) e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. 25
Probas de resposta curta Cualificarase o nivel de coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua, o que implica asistencia (ao menos do 80%), participación, e traballos. Se non pode seguir a avaliación continua o/a alumno/a deberá comunicarllo argumentadamente ó profesor. 

Se o/a alumno/a prevé a imposibilidade de asistencia a clase, deberá comunicarllo e xustificarllo. 

Nos casos de renuncia, o cando se incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, inmediatamente antes do final do periodo lectivo. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e leturas do programa. A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo).

Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia enteira. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000