Eventos docentes e/ou divulgativos |
Asistencia a conferencias relacionadas coa materia, que virán seguidas por unha posta en común e debate cando proceda. |
5 |
Presentacións/exposicións |
Valorarase a seriedade, a orixinalidade e o uso dunha linguaxe escrupulosamente correcta e precisa. |
10 |
Traballos de aula |
Traballos de análise literaria, sobre obras do canon literario occidental. |
10 |
Probas de resposta curta |
Cualificarase o nivel de coñecemento da materia, e o uso impecablemente correcto da linguaxe. |
25 |
A avaliación será continua, o que implica asistencia (ao menos do 80%), participación, e traballos. Se non pode seguir a avaliación continua o/a alumno/a deberá comunicarllo argumentadamente ó profesor. Se o/a alumno/a prevé a imposibilidade de asistencia a clase, deberá comunicarllo e xustificarllo. Nos casos de renuncia, o cando se incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua, o alumnado será avaliado mediante proba única, inmediatamente antes do final do periodo lectivo. A proba constará de preguntas e exercicios sobre os contidos e leturas do programa. A mesma estrutura terá a proba na segunda edición de actas (xullo). Na proba da segunda edición de actas, será preciso examinarse da materia enteira. |