Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Historia da Unión Europea
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

* Metodoloxías docentes que se modifican
Clases maxistrais: exposición por parte do profesor dos contidos da materia,
durante a primeira hora de clase de cada sesión semanal. Ante a suspensión de clases
presenciais, as clases substitúense por temas elaborados polo profesor en FAITIC.
Debates: presentación e discusión na aula dunha noticia do día, extraída dos
medios de comunicación, relacionada coa Unión Europea. Ante a suspensión de
clases presenciais, os debates substitúense por cuestionarios de autoavaliación.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Faranse a través do despacho virtual e do correo electrónico.

* Bibliografía adicional para facilitar o auto-aprendizaxe
Non haberá
* Outras modificacións
Cada semana, mentres dure a suspensión de clases, subirase a Faitic un cuestionario de autoavaliación de resposta múltiple, secuenciando a parte teórica da que se examinarán. Cada un deses cuestionarios incorporará un feedback coas razóns
que xustifican a corrección ou incorrección da resposta dada polo alumnado. Deste xeito,
poderán adquirir destrezas que lles permitan superar os cuestionarios de resposta
múltiple da avaliación que tamén levarán incorporado a súa feedback

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Manteranse os dous cuestionarios, as súas datas de celebración e a súa porcentaxe na avaliación, pero en lugar de realizarse presencialmente na aula, faranse a través dos medios técnicos da UVigo.

Na modalidade mixta, na que unha parte do estudantado permanecerá na clase, seguindo o resto do estudantado as clases dun modo preferentemente síncrono ou asíncrono dependendo da ferramenta que mellor se adapte a cada unha, as metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando os grupos e quendas para cumprir coa normativa sanitaria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000