Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Oferta de Materias Específicas de Departamentos para Alumnos ISEP, Erasmus e Visitantes
 Materias
  Historia da Unión Europea
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB2 Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB3 Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CG6 Ser quen de apreciar outras culturas e expresións artísticas e competentes para sensibilizar á contorna propia na apreciación da diversidad intercultural. Explorar ademais as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
CG8 Capacidade para participar en debates e actividades de grupo e organizalos, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico.
CG10 Integrar coñecementos e poder desenvolver un proceso de comunicación sólido a partir dunha información que, aínda que sexa incompleta, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas ao proceso comunicativo.
CE24 Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras
CE30 Destreza para a procura de información/documentación
CE34 Posuír unha ampla cultura
CE47 Coñecementos de cultura xeral e civilización
CT4 Capacidade para adaptarse a novas situacións.
CT7 Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
CT9 Capacidade crítica e de autocrítica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000