| 
 
         
			| Sinale A | Código | Resultados de Formación e Aprendizaxe |   
             |  | A1 | Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |   
             |  | A2 | Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |   
             |  | A3 | Que os/as estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |   
             |  | A4 | Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |   
             |  | A5 | Que os/as estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |  
         
			| Sinale B | Código | Coñecementos |   
             |  | B1 | Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar
criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. |   
             |  | B2 | Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. |   
             |  | B3 | Capacidade dos/as estudantes no manexo das novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ao campo dos estudos lingüísticos, así como indicar a súa utilidade na práctica profesional e investigadora. |   
             |  | B4 | Capacidade dos/as estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais |   
             |  | B5 | Capacidade dos/as estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster |  
         
			| Sinale C | Código | Habilidades |   
             |  | C1 | Coñecemento dos principios básicos, as técnicas fundamentais e algúns resultados destacados da investigación actual en lingüística |   
             |  | C2 | Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. |   
             |  | C3 | Capacidade para distinguir e aplicar axeitadamente os distintos métodos de investigación en lingüística. |   
             |  | C4 | Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. |   
             |  | C5 | Capacidade para a selección axeitada de datos lingüísticos en función do método de investigación elixido. |   
             |  | C6 | Coñecemento das principais áreas da lingüística aplicada. |   
             |  | C7 | Capacidade para aplicar os coñecementos lingüísticos adquiridos aos problemas do mundo profesional (docencia,
asesoramento e mediación lingüística, tradución, lexicografía, planificación lingüística. |   
             |  | C8 | Obtención dun nivel de formación teórica que permita comprender e xulgar criticamente a bibliografía lingüística
especializada. |   
             |  | C9 | Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación
(identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar
datos, manexo de bases de datos, etc.) |   
             |  | C10 | Capacidade no manexo das diferentes tecnoloxías lingüísticas que conforman a actual sociedade do coñecemento:
dicionarios electrónicos, correctores e tradutores automáticos, e sistemas de aprendizaxe de lingua asistida por ordenador. |  
         
			| Sinale D | Código | Competencias |   
             |  | D1 | Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |   
             |  | D2 | Dominio da expresión e a comprensión oral e escrita dun idioma estranxeiro. |   
             |  | D3 | Utilización das ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o
exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |   
             |  | D4 | Desenvolvemento para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar
a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |   
             |  | D5 | Comprensión da importancia da cultura emprendedora e coñecemento dos medios ao alcance das persoas
emprendedoras. |   
             |  | D6 | Valoración crítica do coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben
enfrontarse. |   
             |  | D7 | Asunción, como profesional e como cidadán/a, da importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |   
             |  | D8 | Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance
socioeconómico e cultural da sociedade |  
  
  
    | Universidade de Vigo
          
| 
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000 |  |