Educational guide 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Master Universitario en Dirección TIC para a defensa
 Materias
  Seguridade da información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Proba que avalía o coñecemento e que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro ou falso, elección múltiple, emparellamento de elementos, etc.). Os alumnos/as seleccionan unha resposta de entre un número limitado de posibilidades.
Durante a fase a distancia, realizaranse tres cuestionarios de autoavaliación puntuables (P1, P2 e P3) que cubrirán os bloques I (temas 1 e 2), II (temas 3 e 4) e III (temas 5, 6 e 7), respectivamente, e un cuestionario específico sobre enxeñaría social (ES). Ao final da fase presencial, realizarase un exame final (EF) que abrangue todos os temas teóricos e contidos prácticos da materia.
75 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B6
B7
C9
D5
Traballo Texto ou documento elaborado sobre un tema que debe redactarse seguindo unhas normas establecidas de estilo e lonxitude. Permite avaliar as habilidades, os coñecementos e, en menor medida, as actitudes do alumno/a.
Un traballo (T) será realizado e será avaliado durante a fase a distancia: a actividade T cubre o bloque I (temas 1 e 2).

25 A6
A7
A8
A9
A10
B1
B3
B7
C9
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se denominamos MED_CON á nota media de avaliación continua, que se calcula como:

MED_CON = 0.1*P1 + 0.1*P2 + 0.1*P3 + 0.05*ES + 0.25*T + 0.4*EF.

Para superar a materia, será necesario obter o 50% da cualificación e polo menos un 4 sobre 10 no exame final. A nota de avaliación continua dos alumnos que non obteñan polo menos un 4 sobre 10 no exame final calcularase como: MED_CON_FINAL = min(4, MED_CON).

No caso de que o alumno non consiga aprobar a materia na
convocatoria ordinaria, terá dereito a unha segunda oportunidade de avaliación
(convocatoria extraordinaria) que se realizará na modalidade a distancia nas
datas establecidas para ese efecto pola Comisión Académica de Máster. A
avaliación consistirá nese caso nunha única proba escrita que suporá o
100% da cualificación, sendo necesario obter polo menos o 50% para superar
a materia.

COMPROMISO ÉTICO:

Agárdase que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadasa utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da convocatoria correspondente, con independencia do valor que sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse.

No
caso de que exista algunha diferencia entre as guías en galego/español/inglés
relacionada coa avaliación prevalecerá sempre o indicado na guía docente en
español.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000