Guia docente 2023_24
Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistemas de radiocomunicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Consta de 3 probas escritas: cuestións teóricas e problemas referentes aos contidos teóricos.

A distribución dos mesmos é como segue:

Primeiro parcial: abarcará os contidos dos temas 1 e 2, e terá un peso do 15% da avaliación.

Segundo parcial: abarcará os contidos dos temas 3 e 4, e terá un peso do 15% da avaliación.

Exame final: abarcará os contidos de todos os temas (do 1 ao 6) e terá un peso do 40% da avaliación.

O Proxecto de I+D será avaliado en función da súa calidade e adecuación aos contidos da materia, e terá un peso do 10% da avaliación.
80 B3
C27
C28
C29
D1
D2
D3
D8
D9
D10
D16
Prácticas de laboratorio Os alumnos organizaranse por grupos para a realización das prácticas de laboratorio. Avaliaranse as memorias de cada unha das prácticas entregadas por cada grupo de alumnos, cun peso do 20% da avaliación. 20 B3
C27
C28
C29
D1
D3
D9
D10
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Sobre as prácticas


O feito de non presentar a memoria dunha práctica
dentro de prazo sen causa debidamente xustificada implica a cualificación de 0
en dita práctica. O alumno será o responsable de notificar o motivo polo
que non presentou a memoria en prazo, póndose en contacto co
profesor responsable da práctica á que correspondería dita memoria,
antes da publicación das cualificacións de dita práctica. O profesor
será quen determine si o motivo é válido ou non.

En caso de non presentar algunha memoria de
prácticas dentro de prazo por causa debidamente xustificada, o alumno poderá
compensar a avaliación dun máximo dunha memoria coa avaliación das
memorias restantes. Calquera exceso sobre este número implicará a
recuperación da práctica segundo dispoña o profesor responsable da mesma,
ben realizándoa en data a convir, ben realizando un traballo monográfico
sobre os contidos de dita práctica.

Esíxese unha nota mínima de 4,0 puntos, sobre
10, para superar a materia.


Nota final e requisitos mínimos para superar
a materia mediante avaliación continua


Para
asegurar que o alumno adquiriu as destrezas mínimas en cada un dos
aspectos da materia esixirase aos alumnos que alcancen unha nota mínima
de: 4,0 sobre 10 no exame final,
e 4,0 sobre 10 na avaliación das
memorias das prácticas. O
alumno superará a materia cando, superando ambos os mínimos de
forma simultánea, o computo da nota total de avaliación continua (NEC) sexa igual
ou superior a 5,0 puntos sobre 10. No caso de que non se chegue á nota mínima
nalgunha das partes, a nota final de avaliación continua será menor ou
igual a 4,0.

O alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe
presentarse ao exame ordinario para superar a materia.


Exame ordinario


A nota final do exame ordinario (NEO) distribúese de forma similar ao establecido para avaliación continua 80% Teoría e 20% Práctica. Realizarase unha única proba, de realización
individual, na que se englobarán todos os contidos da materia,
tanto teóricos como prácticos. O exame terá unha duración aproximada de 3
horas. Este exame poderá ter a forma de cuestionario tipo
test, cuestionario de respostas curtas, resolución de problemas ou algunha
combinación das anteriores. 

O
alumno superará a materia cando a NEO sexa igual ou superior a 5,0 puntos sobre 10. O
alumno que non supere a materia nesta convocatoria debe presentarse á
convocatoria extraordinaria.


Nota de primeira convocatoria


A
nota da primeira convocatoria calcularase como o máximo entre a nota de
avaliación continua (NEC) e a nota do exame ordinario (NEO).


Convocatoria extraordinaria


Realizarase un exame extraordinario para
aqueles alumnos que non superen a materia no exame ordinario. O
formato e os requisitos serán os mesmos que os do exame ordinario.


COMPROMISO ÉTICO: Agárdase
que o estudantado teña un comportamento ético axeitado, comprometéndose
a actuar con honestidade. En base ao artigo 42.1 do Regulamento
sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do
proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo, así como ao punto 6 da norma quinta da Orde
DEF/711/2022, do 18 de xullo, pola que se establecen as normas de
avaliación, progreso e permanencia nos centros docentes militares de
formación para a incorporación ás escalas das Forzas Armadas, a
utilización de procedementos fraudulentos en probas de avaliación, así
como a cooperación neles implicará a cualificación de cero (suspenso) na
acta da convocatoria correspondente
, con independencia do valor que
sobre a cualificación global tivese a proba en cuestión e sen prexuízo
das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan
producirse.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000