Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistemas de radiocomunicacións
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2020_21
Materia Sistemas de radiocomunicacións Código P52G381V01408
Titulación
Grao en Enxeñaría Mecánica
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Departamento do Centro Universitario da Defensa da Escola Naval Militar de Marín
Coordinador/a
Rodríguez Molares, Alfonso
Correo-e molares@cud.uvigo.es
Profesorado
Núñez Ortuño, José María
Rodríguez Molares, Alfonso
Web http://cursos.faitic.uvigo.es/moodle3_1920/course/
Descrición xeral Esta materia enmárcase dentro do módulo de Intensificación en Tecnoloxía Naval, e nela perséguese dotar ao alumnado dunha formación básica, tanto teórica como práctica, sobre os principios das comunicacións vía radio.

Ao longo desta materia presentarase a base tecnolóxica sobre a que se apoian os sistemas de telecomunicacións, introducindo os aspectos básicos da propagación das ondas electromagnéticas e a correspondente organización do espazo radioeléctrico. Exporanse así mesmo os aspectos básicos dos mecanismos de funcionamento das antenas. Por último introducirase o funcionamento básico dos sistemas de comunicacións vía radio actuais, facendo fincapé nos máis usados no ámbito naval.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000