Educational guide 2020_21
Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar de Marín (Pontevedra)
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Materias
  Sistemas de radiocomunicacións
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

Ante a posible aparición de situacións extraordinarias que conleven a suspensión da actividad docente presencial e o cambio a un escenario non presencial/online, levaránse a cabo os siguientes cambios:

=== ADAPTACIÓN DOS CONTIDOS ===
6.1 Programación: créditos teóricos
A impartición dos contidos teóricos da materia non debería verse afectada polo cambio a unha modalidade non presencial-online. No caso en que o número de horas a impartir sufrise unha redución considerable, adaptaranse os contidos de cada un dos temas de maneira que se garantice a consecución dos resultados de aprendizaxe e competencias.

6.2. Programación: créditos prácticos
Ante a imposibilidade de traballar co equipamento de instrumentación dispoñible nos laboratorios, sustituiránse as prácticas correspondientes por equivalentes trasladables a un escenario virtual. Concretamente, realizarase os siguientes cambios:

Práctica 2: Antenas
Sustituirase esta práctica por unha de simulación nun laboratorio virtual, onde o
estudante poderá caracterizar o diagrama de radiación de varios tipos de antena, de forma similar ó procedemento empregrado co entrenador de Lucas-Nülle.

Práctica 4: Satélite
Sustituirase esta práctica por unha de simulación ou laboratorio virtual, onde o alumno poderá experimentar o proceso de establecemento de un enlace satélite.

Práctica 5: Radiopropagación
Para a conversión desta práctica ó formato non presencial sustituirase os equipamentos físicos por simuladores e videos demostrativos que expliquen o funcionamento de cada un deles. Realizaranse medidas de campo simuladas onde se ilustraran os fenómenos de propagación vistos en teoría.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Añádese unha nova metodoloxía docente:

Sesión maxistral ou sesión práctica virtual síncrona:
Estas sesións impartiranse a través dunha plataforma de videoconferencia web dentro dun aula virtual. Cada aula virtual conterá diversos paneis de visualización e compoñentes, cun diseño que pode ser personalizado polo docente para adaptalo ás necesidades da clase. Na aula virtual, calquer presentador poderá compartir a pantalla ou archivos do seu equipo, empregar una pizarra, chatear, transmitir audio e vídeo ou participar en actividades en liña interactivas (enquisas, preguntas, etc.).


=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Nun escenario non presencial/online, a avaliación do aprendizaxe manterase inalterada con respecto ó descrito con anterioridade nesta guía docente no que respecta a contidos, ponderacións, mínimos esixidos e número de probas.

A única diferencia terá lugar no formato de avaliación, que na modalidad online terá lugar combinando a plataforma de teledocencia FAITIC-Moodle co Campus Remoto da Universidade de Vigo (ou plataformas similares).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000