Guia docente 2023_24
Escola Universitaria de Enfermaría da Deputación Provincial de Pontevedra
Grao en Enfermaría
 Materias
  Prácticas clínicas III
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticum, Practicas externas e clínicas Formación en centros sanitarios, e nas unidades asistenciais médico-cirúrxicas, en forma de rotatorio clínico independente, baixo a tutela do persoal de enfermería da unidade onde o alumnado realice as prácticas clínicas, que permiten a o/a alumno/a incorporar os valores profesionais, competencias de comunicación, razoamento critico, xestión clínica e xuízo clínico, integrando na práctica profesional os coñecementos, habilidades e actitudes, baseados en principios e valores, asociados as competencias descritas que conforman o título.
Como o título de Graduado/a en enfermería pola Uvigo é presencial e habilita para o exercicio dunha profesión regulada, no relativo ás prácticas clínicas, considérase imprescindible a formación presencial nos centros sanitarios de referencia. A realización de prácticas clínicas presenciais é un condicionante para que poidan ser avaliadas. As prácticas clínicas son de obrigado cumprimento na súa totalidade.
Existe a disposición do estudiantado unha guía de prácticas clínicas aprobada pola Xunta de Centro cuxo contido é de obrigada lectura e cumprimento polo estudiantado e que pode consultar na plataforma de teledocencia Faitic e na páxina web.
Seminario Actividade académica dos profesores que ten como finalidade atender as necesidades e consultas do estudiantado a través de entrevistas que o/a alumno/a, de maneira individual ou grupal, mantén co profesorado para asesoramento, apoio e incidentes que poidan producirse das actividades da materia prácticas clínicas III e do proceso de aprendizaxe. Esta actividade levará a cabo:
1. Realización de 3 tutorías grupales sobre o desenvolvemento adecuado das prácticas clínicas, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe de face ás probas de avaliación. Explicaráselles o funcionamento do portafolio como rexistro da actividade e ferramenta de autoevaluación do alumnado, a súa utilización nas tutorías para o seguimento da actividade levada a cabo na institución sanitaria e como base, xa que nel constan os requisitos necesarios para a elaboración e redacción da memoria que ten presentar o/a estudante. Así mesmo, comunicaráselles e explicará o sistema que levará a cabo para a avaliación das probas de simulación enfermeira, baseadas en casos prácticos desenvolvidos baixo as taxonomías NANDA-NOC-NIC.
2.Tutoría individual ou en pequenos grupos: de forma presencial no horario establecido ao finalizar as tutorías grupleis ou a petición expresa do alumno/a, ou non presencial a través dun correo electrónico exclusivo e a disposición permanente do alumnado durante as prácticas clínicas: practicasenfermería@gmail.com
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000