Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
B4 |
Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural |
B5 |
Deseñar sistemas de coidados dirixidos ás persoas, familia ou grupos, avaliando o seu impacto e establecendo as modificacións oportunas |
B7 |
Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional |
B8 |
Promover e respectar o dereito de participación, información, autonomía e consentimento informado na toma de decisións das persoas atendidas, acorde coa forma en que viven o seu proceso de saúde-enfermidade |
B9 |
Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas |
B10 |
Protexer a saúde e o benestar das persoas, familias ou grupos atendidos, garantindo a súa seguridade |
B11 |
Saber establecer unha comunicación eficaz con pacientes, familias, grupos sociais e compañeiros. Fomentar a formación e información para a saúde |
B12 |
Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación |
C34 |
Identificar as características das mulleres nas diferentes etapas do ciclo reprodutivo e no climaterio e nas alteracións que se poden presentar proporcionando os coidados necesarios en cada etapa. |
C35 |
Aplicar coidados xerais durante o proceso de maternidade para facilitar a adaptación das mulleres e os neonatos ás novas demandas e previr complicacións. |
C36 |
Coñecer os aspectos específicos dos coidados do neonato. Identificar as características das diferentes etapas da infancia e adolescencia e os factores que condicionan o patrón normal de crecemento e desenvolvemento. |
C37 |
Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes na infancia e identificar as súas manifestacións. Analizar os datos de valoración do neno, identificando os problemas de enfermaría e as complicacións que poden presentarse. |
C38 |
Aplicar as técnicas que integran o coidado de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos nenos e os seus coidadores. |
C39 |
Seleccionar as intervencións dirixidas ao neno san e ao enfermo, así como as derivadas dos métodos de diagnóstico e tratamento. |
C40 |
Ser capaz de proporcionar educación para a saúde aos pais ou coidadores primarios. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización y planificación |
D3 |
Capacidade de xestión da información |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisions |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe |
D6 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D7 |
Razoamento crítico |
D8 |
Aprendizaxe autónomo |
D9 |
Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade. |
D10 |
Motivación pola calidade |
D11 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |