- 31 de xaneiro do 2025 ás 10hs
- 14 de Marzo do 2025 ás 10 hs,
son obrigatorias xa que, entre outros, nelas préstase o soporte necesario para que o alumnado, a partir do portafolio, poida cumprir adecuadamente cos requisitos da avaliación da memoria que ten que presentar ao finalizar o período de prácticas.
Por cada ausencia cóntaselle un día de prácticas a recuperar e descóntaselle, 0,3 puntos na avaliación da memoria.
6
A1
D2 D8 D9
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas
Elaboración, obrigatoria, por parte do alumnado, dun documento no que se reflicten os resultados obtidos, observacións, análises e reflexións sobre a súa experiencia práctica na unidade asistencial que xunto coa calidade do documento presentado e a cumprimentación das normas de estrutura e estilo recollidas no seu portafolio, constitúen os criterios de avaliación.
A data de entrega:
- até o día 30 de abril do 2025 ás 14h.
Non se recollerá ningunha memoria superada dita data.
20
A3
D1 D2 D3 D7 D8
Cartafol/dossier
Documento de autoevaluación no que a/o estudante rexistra, seguindo as normas reflectidas no documento, a relación co usuario, a integración no equipo de traballo, anotando as intervencións e procedementos realizados, valora os seus logros e determina os factores que poden influír na súa actuación. Avaliarase a coherencia.
A súa elaboración é obrigatoria como parte da avaliación da memoria.
Data de entrega: - até o día 30 de abril do 2025 ás 14h.
Non se recollerá ningún cartafol despois da data de fin de entrega.
4
D1 D3 D4 D5 D6 D7 D8
Observación sistemática
Como parte da avaliación da actividade levada a cabo polo alumno/a na institución sanitaria, a observación sistemática realizarase para a avaliación continuada coa observación directa, que se desenvolve mediante un seguimento personalizado do estudante a través do/a supervisor/a, dos/os enfermeiros/os asistenciais colaboradores de prácticas clínicas onde realiza as súas actividades formativas, e dos profesores da materia.
Para a emisión do informe, utilízase a ficha para a observación sistemática remitida pola escola, onde se recollen os resultados esperados na avaliación das competencias: coñecementos, habilidades, actitudes e aptitudes a través do grao na consecución dos resultados de aprendizaxe do estudante. Para iso, aos evaluadores, no centro, existe un documento de apoio accesible desde a páxina web, acceso: http://www.enfermeria.depo.es/practicas-clinicas
coa información necesaria para dotalos dunha ferramenta idónea que facilite a aplicación dos criterios de avaliación de maneira obxectiva, en función das intervencións NIC e do modelo das 14 necesidades básicas de V. Henderson, de maneira que poidan consultar e aplicar na avaliación uno ou outro modelo indistintamente. Ten que ser superada co 50% do seu valor.
Avaliación da actividade levada a cabo polo alumnado na institución sanitaria: nas probas de simulación enfermeira baseadas na aplicación de coidados baixo a taxonomía NANDA, NOC, NIC, o/a estudante, na data establecida,
25/04/2025 ás 10.00 e ás 16.30h (1ª oportunidade) e o
4 e 8 de xullo de 2025 ás 10.00h e ás 16.30h (2ª oportunidade), realizará unha proba práctica obrigatoria como requisito indispensable para a superación da materia. De non aprobar esta proba co 50% do seu valor, non se poderán sumar as outras probas avaliables. Proba que se realizará na aula de simulación para avaliar o grao na adquisición das competencias que o estudiantado necesariamente debe adquirir.
Como condición previa necesaria para superar a proba establece que o alumnado presentará no prazo establecido o traballo indicado polo equipo docente relacionado coa taxonomía NANDA, NOC, NIC .
A guía de prácticas clínicas recolle os procedementos, normas e instrucións que lle afectan directamente a esta materia, polo que é obrigatorio o seu coñecemento. Todo o alumnado, antes do inicio das prácticas clínicas, debe asinar o documento de confidencialidade incluído no protocolo: Pautas básicas para asegurar e protexer o dereito a intimidade do paciente polo alumnado e residentes en Ciencias da Saúde. Si o/a estudante non presenta a memoria e o portafolio nas datas establecidas na primeira oportunidade, suspenderá as prácticas, e deberá esperar até a apertura do período de avaliación da segunda oportunidade para presentalo, para que o/a alumno/póidaa ser avaliado/a.
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000