Código |
Descrición |
A1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría |
B6 |
Aplicar as intervencións da enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles |
B9 |
Fomentar estilos de vida saudables e o autocoidado, apoiando o mantemento de condutas preventivas e terapéuticas |
B12 |
Aplicar o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación |
B14 |
Establecer mecanismos de avaliación, considerando os aspectos científico-técnicos e de calidade |
B15 |
Ser capaz de traballar co equipo de profesionais como unidade básica na que se estruturan de forma uni ou
multidisciplinar e interdisciplinar os profesionais e demais persoal das organizacións asistenciais |
B16 |
Ser capaz de utilizar os sistemas de información sanitaria |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a
integración dos procesos e a continuidade asistencial |
B18 |
Aplicar estratexias para adoptar medidas de confortabilidad e atención de síntomas, dirixidas ao paciente e familia, na
aplicación de coidados paliativos que contribúan a aliviar a situación de pacientes en situacións de enfermidade avanzada e/ou
rematal |
C2 |
Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados aos coidados de enfermaría. |
C9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
C13 |
Recoñecer as situacións de risco vital e saber executar manobras de soporte vital básico e avanzado. |
C18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
C28 |
Coñecer as alteracións de saúde do adulto, identificando as manifestacións que aparecen nas súas distintas fases. |
C29 |
Identificar as necesidades de coidado derivadas dos problemas de saúde. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D2 |
Capacidade de organización y planificación |
D3 |
Capacidade de xestión da información |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisions |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe |
D6 |
Habilidades nas relacións interpersoais |
D7 |
Razoamento crítico |
D8 |
Aprendizaxe autónomo |
D9 |
Adaptación a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor. Creatividade. |
D10 |
Motivación pola calidade |
D11 |
Sensibilidade cara a temas ambientais |