Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Xestión das redes sociais institucionais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Xestión das redes sociais institucionais Código P07G095V01409
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OP 4 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento
Coordinador/a
Varela Álvarez, Enrique José
González Cacheda, Bruno
Correo-e evalvarez@uvigo.es
bruno.gonzalez.cacheda@uvigo.es
Profesorado
González Cacheda, Bruno
Varela Álvarez, Enrique José
Web
Descrición xeral A primeira pregunta que hai que responder na presentación desta materia é a seguinte: xestión de redes sociais virtuais, para que? Porque as redes sociais presenciais forman parte da dimensión humana como “ser político” dende as orixes da democracia. E é que, no caso das democracias actuais, e dos seus sistemas de produción de políticas e servizos públicos, estas redes adquiriron outras dimensións, froito da súa apertura e orientación cara á cidadanía. A primeira das dimensións (sempre intra e interorganizativas) é a profesional (comunidades de empregados públicos), a segunda é a virtual (comunidades de empregados públicos e usuarios), respondendo así ás necesidades dos marcos actuais de goberno e goberno aberto. É neste espazo de apertura e integración de novos valores da Axenda 2030, onde as redes sociais virtuais cobran sentido como medio (nunca como fin en si mesmos) para chegar aos usuarios das súas políticas e servizos públicos; tamén para implicar outros axentes públicos, privados e sociais que conforman o ecosistema de problemas públicos. Para iso é necesario coñecer o marco aberto das institucións públicas multinivel e intergobernamentais da terceira década do século XXI. Coñecer as súas plataformas web, algunhas das redes virtuais máis utilizadas, así como as súas achegas e valor para a mellora das políticas e servizos públicos. As redes sociais presenciais e virtuais como medio para mellorar a solución de problemas públicos complexos implican ter en conta, en primeiro lugar, os marcos éticos e os valores das institucións democráticas. Tamén aqueles outros "non éticos", vinculados á posverdade que xeran "fake news" e modelos de negación dos valores democráticos que son os nosos no marco da Unión Europea e a España das Comunidades Autónomas e Gobernos Locais
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000