Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Métodos cualitativos de investigación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Puntuación extra en recoñecemento e recompensa pola boa disposición a participar activamente na aula. Terase en conta para redondeo de nota e matrícula de honra 0 A1
A2
A3
A4
A5
B6
B10
C13
D1
D2
Cartafol/dossier Probas inividuais elaboradas na aula. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B6
C13
C14
C15
C16
D1
D2
D4
D5
D6
Estudo de casos Idoneidade e viabilidade do caso (proposta de traballo de investigación): coherencia, calidade e redacción. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B6
B10
C13
C14
C15
C16
D1
D2
D4
D5
D6
Traballo tutelado Cumprimento das condicións de traballo. Corrección no procedemento e coordinación entre grupo. Valoración do informe final: informe 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B10
C13
C14
C15
C16
D1
D2
D4
D5
D6
Exame de preguntas obxectivas Preguntas tipo test de elección múltiples e preguntas curtas sobre contidos teóricos e de aplicación do coñecemento. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B6
B10
C13
C14
C15
C16
D1
D2
D4
D5
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA E GLOBAL

A priori
enténdese que todo o estudiantado segue a avaliación continua cuxo compromiso
adquírese coa participación nas actividades de avaliación. Aquela persoa que
desexe presentarse a unha única proba na data oficial (avaliación GLOBAL)
ten que comunicalo conforme indica a normativa durante o primeiro mes dende que
comeza o curso. A avaliación GLOBAL constará dunha proba final xeral coa que é posible medir todas as competencias, por iso a proba será diferente a
do alumnado de avaliación continua.

A cualificación
final do alumnado de avaliación continua será a media das cualificacións
acadadas nas actividades realizadas nos Grupos Reducidos (60% da nota final) e
no exame final. Para calcular a nota media é obrigatorio acadar unha puntuación
mínima de 4 puntos nas actividades dos Grupos Reducidos e no exame. Se nalgunha
destas partes non se chega aos 4 puntos a nota que constará na avaliación
será suspenso coa nota numérica que corresponda una vez obtida a media entre
ambas partes, agás no caso de ser superior a 5 na que se outorgará unha
puntuación de 4,9

A persoa non se
presente ao exame constará como Non Presentado, aínda que entregara actividades
de avaliación continua.

Respecto ás
actividades realizadas nos Grupos Reducidos a ponderación repártese do seguinte
modo:

- Dossier (10%) primeira actividade

- Estudio de caso (30%): consta dunha primeira ficha de traballo de investigación (actividade 2: 10%), a revisión e cualificación xustificada de propostas doutros compañeiros (actividade 3: 5%) e a autocorrección da propia ficha  (actividade 4: 15%) que se entregou como actividade 2 tendo en consideración as indicacións recibidas e o aprendido a través do exercicio de ler e correxir fichas de investigación (actividade 3).

- Traballo
tutelado (20%): consiste na elaboración dun informe no que será posible avaliar unha  parte de análise individual ponderado en 10% (incluido no anexos) e outra grupal ponderado noutro 10%.

 A asistencia ás clases, así como a actitude, boa disposición e participación nas mesmas terase en conta positivamente para a calificación e matrícula de honra.

APRENDIZAXE BASEADO EN PROXECTOS

De forma voluntaria o alumnado pode sustituir a metodoloxía/proba "traballo tutelado" por "aprendizaxe baseado en proxectos". En lugar de analizar materiais proporcionados por unha entidad externa, serán creadores do material ao realizar traballo de campo. Esta metodoloxía suporá o 20% da nota final.


CONVOCATORIA
EXTRAORDINARIA

Durante o mesmo
curso académico, manteranse as notas das probas superadas na primeira
convocatoria (ordinaria) para a segunda convocatoria (extraordinaria). Poden
facerse entregas de probas non realizadas ou suspensas, agás aquelas que se
realizasen na aula, e non sexa posible a recuperando da puntuación relativa á participación e
asistencia.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000