Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
 Materias
  Xestión de servizos públicos
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2023_24
Materia Xestión de servizos públicos Código P07G095V01203
Titulación
Grao en Dirección e Xestión Pública (Virtual)
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Cordal Rodríguez, Constantino
Correo-e tinocordal@uvigo.gal
Profesorado
Cordal Rodríguez, Constantino
Web http://https://campusremotouvigo.gal/faculty/206
Descrición xeral As institucións públicas do século XXI lexitímanse tanto polo que son como polo que fan, polas
políticas públicas que poñen en marcha, polos servizos públicos que prestan nos seus diferentes niveis de goberno e administración.
É neste contexto complexo de prestación de servizos no cal os profesionais do sector público deben desenvolver ás súas competencias e habilidades.
De aí que se o século XX foi un período de desenvolvemento de estruturas burocráticas e xerenciais, e de deseño e implementación de políticas públicas, o século XXI está a ser o do redeseño, xestión e gobernanza dos novos servizos públicos.
Servizos públicos que deben ser reorientados cara a marcos da Axenda 2030 e modelos intergubernamentais máis inclusivos, equitativos, éticos e en rede, co obxectivo de conseguir mellorar os seus procesos ("input-output") e alcanzar maiores e mellores resultados ("outcomes").
A materia de "Xestión de Servizos Públicos" está enmarcada nos plantexamentos anteriores, nun
contexto multinivel europeo, estatal, autonómico e local, ademáis de dirixida a que o alumnado consiga as competencias e habilidades necesarias para coñecer e aplicalos principios básicos dos servizos públicos post-COVID-19, innovadores, híbridos (presenciais-virtuais) e éticos nun mundo local e global.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000