Guia docente 2023_24
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Máster Universitario en Dirección pública e liderado institucional
 Materias
  Unión Europea: Institucións e políticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas As e os estudantes realizarán unha actividade final do tema 1, apartado 1. A actividade estará dirixida e supervisada polo equipo docente responsable e toda a información relativa á mesma mesma
poderá consultarse na plataforma virtual de docencia
25 A1
A5
B3
C6
D3
D5
D8
Resolución de problemas e/ou exercicios As e os estudantes realizarán unha actividade final do tema 1, apartado 2. A actividade estará dirixida e supervisada polo equipo docente responsable e toda a información relativa á mesma mesma
poderá consultarse na plataforma virtual de docencia.
35 A1
A5
B3
C6
D3
D5
D8
Traballo Proba para a avaliación das competencias adquiridas que inclúe un ensaio ou traballo sobre a segunda parte da materia (tema 2). 40 A1
A5
B3
C6
D1
D2
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

  • Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada proba evaluativa por separado, cun mínimo de cinco para poder sumar as notas obtidas en cada parte para determinar o resultado final.
  • A información sobre as actividades evaluativas continua e global estará dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema.
  • O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda oportunidade) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
  • Toda a información dá materia estará dispoñible na plataforma Moovi. https://moovi.uvigo.gal
  • Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada* do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.

(*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma.

A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do  RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro  do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do  RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario.  O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade  dos mesmos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000