| Resolución de problemas e/ou exercicios |
As e os estudantes realizarán unha actividade final do tema 1, apartado 2. A actividade estará dirixida e supervisada polo equipo docente responsable e toda a información relativa á mesma mesma
poderá consultarse na plataforma virtual de docencia. |
35 |
A1 A5
|
B3
|
C6
|
D3 D5 D8
|
- O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
- Na AC ningunha das probas ou actividades poderán supoñer por si mesmas máis do 40% da cualificación final da materia, agás na segunda oportunidade, que poderá ser superior. No caso de establecer unha cualificación mínima para as actividades avaliables, deberá indicarse. A información sobre as actividades avaliativas está dispoñible no espazo da materia no campus virtual.
- O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda convocatoria) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma.
- Asemade, en relación coa Intelixencia Artificial, recoméndase facer unha referencia dos usos éticos e responsables da mesma, así como a utilización do modelo APA para citar prompts. Como referencia, xúntase enlace do documento elaborado pola CRUE: https://www.crue.org/wpcontent/uploads/2024/03/Crue-Digitalizacion_IA-Generativa.pdf
- Para superar a materia, os/as estudantes deberán aprobar cada proba evaluativa por separado, cun mínimo de cinco para poder sumar as notas obtidas en cada parte para determinar o resultado final.
- Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispoñer dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro.
(*) A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) do RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio dos poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 do RD 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. |