|
Uso Responsable da Intelixencia Artificial (IA)
O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se realice de forma ética, responsable e transparente. Para iso, o alumno/a para deberá:
- Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, non como substituto do pensamento crítico nin do traballo persoal.
- Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega xa que o
responsable último da tarefa ou actividade é, en todo caso, o alumno/a.
- Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo prompts utilizados e respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA 7ª edición.
- Evitar o uso de IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames,
reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do
profesorado.
- Lembrar que a utilización indebida da IA poderá ser considerada unha forma de fraude
académica ou conduta académica deshonesta, e será tratada conforme á normativa vixente na UVigo en materia disciplinaria.
A seguir, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7.ª edición). Para citar contido xerado por IA, recoméndase o seguinte criterio:
Na lista de referencias:
OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xenerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/
No texto: (OpenAI, 2025). Tamén podes incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé se é relevante para a comprensión do traballo.” |