|
A avaliación será preferentemente continua, o estudiantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido. A información sobre as actividades avaluativas continua e global estará dispoñible no espazo da materia no campus virtual, baixo a etiqueta “Avaliación” de cada tema. O alumnado terá opción a presentarse á convocatoria extraordinaria (segunda oportunidade) a partir da adaptación que destas actividades realice o docente e cuxo contido será colgado da plataforma. Toda a información da materia estará dispoñible na plataforma Moovi. Será requisito necesario para o desenvolvemento da materia que o profesorado da mesma poida dispor dunha FOTOGRAFÍA actualizada do alumnado que deberán subir á plataforma a comezos de curso, e sempre antes do día 30 de setembro. A única finalidade do tratamento deste dato é que o profesorado da materia poida verificar a identidade do alumnado matriculado na mesma. A base de lexitimación para o tratamento deste dato realízase en aplicación do disposto no artigo 6.1e) RXPD no que o tratamento é necesario para o exercicio do poder públicos conferidos ao responsable do tratamento baseados no artigo 9 da Lei 39/2015, de 1 de outubro; do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 25.7 RD 1791/2010, de 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario. O acceso á imaxe e aos datos persoais do alumnado só é permitido ao profesorado de cada materia para a realización das actividades académicas indicadas nesta guía docente e non serán utilizados nin divulgados para ningunha outra finalidade, debendo gardar o correspondente deber de confidencialidade dos mesmos. • Uso Responsable da Intelixencia Artificial (IA)O uso de ferramentas de IA está permitido nesta materia sempre que se realice de forma ética, responsable e transparente. Para iso, o alumno/a para deberá:- Utilizar a IA como apoio para a aprendizaxe, non como substituto do pensamento crítico nin do traballo persoal.- Revisar criticamente todas as actividades antes da súa realización ou entrega xa que oresponsable último da tarefa ou actividade é, en todo caso, o alumno/a.- Citar adecuadamente calquera contido xerado con IA, incluíndo prompts utilizados e respostas obtidas, seguindo o modelo de citación APA 7ª edición.- Evitar o uso de IA para realizar tarefas que deban reflectir competencias persoais (exames, reflexións individuais ou traballos prácticos avaliativos, etc.), salvo indicación expresa do profesorado.- Lembrar que a utilización indebida da IA poderá ser considerada unha forma de fraudeacadémica ou conduta académica deshonesta, e será tratada conforme á normativa vixente na UVigo en materia disciplinaria.A seguir, inclúese un exemplo de citación de prompts e respostas en formato APA (7.ª edición).Para citar contido xerado por IA, recoméndase o seguinte criterio:Na lista de referencias:OpenAI. (2025). Resposta xerada por IA a partir do prompt: “Explica a teoría da aprendizaxe significativa de Ausubel” [IA xenerativa]. ChatGPT. https://chat.openai.com/No texto: (OpenAI, 2025). Tamén podes incluír o prompt nun apéndice ou nota ao pé se é relevante para a comprensión do traballo.” |