Educational guide 2026_27
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Materias
  Deseño de identidades
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá resolver diferentes exercicios plantexados ao longo do curso relacionados cos bloques temáticos. 40 A2
B1
D4
Proxecto O alumnado deberá realizar un proxecto final que aborde todos os aspectos da materia. 40 A2
B1
B2
C6
C8
D4
Presentación O alumnado realizará unha presentación do seu proxecto final apoiado en medios audiovisuais. 20 B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Convocatoria ordinaria de xuño

— Avaliación contínua

Para poder ser avaliado mediante esta modalidade de avaliación continua o alumnado deberá cumprir coa asistencia obrigatoria, entregar todos os traballos, exercicios e probas correspondentes, así como o Proxecto Final e a súa presentación.

Para superar a materia será necesario obter unha media mínima de 5 nas cualificacións. Esta media será calculada a partir das porcentaxes establecidas en cada un dos bloques de avaliación.

Será imprescindible acadar unha cualificación mínima de 4 en cada bloque para que se poida calcular a nota media final.

— Avaliación global

O alumnado que opte pola modalidade de avaliación global deberá solicitalo no decanato e poñelo en coñecemento do profesor da materia no prazo máximo dun mes desde o inicio da docencia. Esta elección suporá a anulación automática de todas as cualificacións obtidas mediante o sistema de avaliación continua.

Nesta modalidade de avaliación o alumnado renuncia á asistencia ás aulas e ao seguimente e corrección dos exercicios por parte do docente responsable da materia.

O alumnado deberá de entregar todos os exercicios propostos no desenvolvemento da materia así como o Proxecto Final ao remate do curso e a súa presentación. As porcentaxes de cualificación por bloque serán as mesmas que na modalidade de avaliación contínua.


Convocatoria extraordinaria de xullo

No caso de non superar a materia na convocatoria ordinaria o estudantado ten a opción de presentarse á convocatoria extraordinaria de xullo que consistirá na entrega de todos os traballos que teñan unha nota inferior ao 5, incluído o Proxecto Final. Tamén terá que facer a presentación do Proxecto Final na data establecida.

As ponderacións das cualificacións serán as mesmas que na convocatoria ordinaria.


Pódense consultar as datas de avaliación na páxina web da titulación:

https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-avaliacions-gd-gal/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000