Código |
Descrición |
A3 |
3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B4 |
Saber expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro dun campo de estudo. |
B5 |
Coñecer e adquirir as bases éticas necesarias para o desenvolvemento profesional. |
C13 |
Saber analizar de forma crítica a evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais do Deseño. Comprender a evolución histórica e a base conceptual dos discursos actuais do Deseño. |
C20 |
Ser capaz de resolver problemas nun entorno interdisciplinario do deseño de moda desenvolvendo ao máximo tanto as posibilidades estéticas como formais. |
D1 |
Traballar con perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D3 |
Coñecer as bases da sostibilidade e o compromiso ambiental co obxectivo de facer un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |