Evidentemente, e dada a importancia histórica do Debuxo no contexto do Deseño e as Belas Artes, podemos dicir que o obxectivo fundamental desta materia sería, non só capacitar ao alumno en destrezas e habilidades técnicas que lle permitan unha formación transversal no ensino artístico, senón tamén, desvelar aquelas estratexias e conceptos que lle permitan entender a experiencia do debuxo como unha linguaxe propia e autónoma capaz de xerar proxectos creativos singulares. A materia articúlase en catro bloques: os tres primeiros céntranse nas principais metodoloxías tradicionais do debuxo, analizando os conceptos de representación e analogía a partir dun modelo. O ultimo bloque, expón uns contidos dirixidos ao proxecto persoal, focalizando o traballo do alumno na interpretación creativa e imaxinativa de problemas artísticos.