|
O estudante poderá optar por dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA Os estudantes que sigan a avaliación continua deberán facer entregas periódicas de todos os exercicios nos prazos fixados ao comezo de curso, así como cumprir co requisito de asistencia obrigatoria. AVALIACIÓN GLOBAL Os estudantes que opten por esta modalidade, deberán comunicalo por escrito ao responsable da materia no prazo máximo dun mes contado a partir do inicio do curso, debendo presentar un cartafol con todos os exercicios propostos durante o curso antes de comezar o exame final. CONVOCATORIA ORDINARIA Martes 13 de xaneiro de 2026 ás 12:30 Peche de Actas 13 de febreiro de 2026 CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA Martes 7 de xullo de 2026 ás 12:30 Peche de Actas 20 de xullo de 2026 É requisito obrigatorio previo ao comezo dos exames a entrega dun cartafol que conteña todos os exercicios expostos en clase. As porcentaxes de avaliación son os seguintes: Valores procedementais 35% Valores conceptuais 35% Valores actitudinais 30% |