Convocatoria ordinaria
A avaliación da convocatoria ordinaria será continua e implicará a entrega de aplicacións para a gráfica de marca, cv, lookbook e porfolio.
Avaliación global Aquelas persoas que se acollan á modalidade de avaliación global deberán presentar en datas oficiais de exames os mesmos traballos solicitados dentro da modalidade de avaliación continua. A data comunicarase en cronograma da asignatura ao comezo do cuadrimestre.
A cualificación neste caso corresponderase coa metodoloxía de
"resolución de problemas de forma autónoma", con cualificación de 100% .
O estudantado que opte pola modalidade de
avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no
prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia e suporá a anulación
automática de todas as cualificacións obtidas polo método de avaliación
continua.
Convocatoria extraordinaria As avaliacións das convocatorias extraordinarias implicarán a entrega dos mesmos materiais. Data oficial de convocatoria extraordinaria. 7 de xullo de 2025 ás 12:30 h Consultar en: https://deseno.uvigo.gal/horarios-calendarios-e-avaliacions/ |