Guia docente 2024_25
Facultade de Deseño
Grao en Deseño
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, tamén inclúe algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Saber aplicar os coñecementos a un traballo ou vocación dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan demostrarse mediante a elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 3. Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Ser capaz de transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
  A5 Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Saber analizar e sintetizar
  B2 Ser capaz de organizar e planificar
  B3 Saber xestionar axeitadamente a información (capacidade para recuperar e analizar a información de diversas fontes).
  B4 Saber expoñer oralmente e por escrito con claridade problemas complexos e proxectos dentro dun campo de estudo.
  B5 Coñecer e adquirir as bases éticas necesarias para o desenvolvemento profesional.
Sinale C Código Habilidades
  C1 Posuír os coñecementos abondos para levar a cabo con coherencia todos os procesos propios do deseño. Isto implica a recopilación e análise de datos, a síntese formal, a aplicación dos coñecementos na práctica, a proposta e defensa dun concepto de deseño e o seu desenvolvemento ata levalo á práctica na súa fabricación e produción.
  C2 Saber identificar problemas que se poden resolver mediante o deseño, plantexalos como problemas de deseño, proverse dos datos pertinentes para desenvolver o proxecto, propoñer un concepto de deseño e decidir criterios de formalización, elixir os materiais e procedementos construtivos adecuados en cada caso, controlar a coherencia na toma de decisións e avaliar os resultados obtidos.
  C3 Coñecer os fundamentos estéticos do deseño (morfoloxía, estrutura, cor, espazo, volume, tectónica, tipografía e composición).
  C4 Manexar as ferramentas conceptuais, tecnolóxicas e metodoloxías aplicables nun proxecto de deseño (programas informáticos específicos, sistemas de representación tradicional e dixital; construción de maquetas, modelos e prototipos, fotografía, técnicas de vídeo, gráfica audiovisual e interactiva, animación e ilustración), así como demostrar habilidade no manexo doutras técnicas, procedementos específicos, materiais, tecnoloxías e procesos de produción.
  C5 Coñecer a terminoloxía específica e as linguaxes aplicadas aos procesos do deseño: preimpresión e sistemas de impresión tradicionais e dixitais, técnicas gráficas, soportes dixitais, gráfica audiovisual e deseño de interacción.
  C6 Coñecer os fundamentos e os principios que rexen o uso da tipografía, así como os criterios tecnolóxicos e conceptuais que rexen o seu deseño e a súa utilización. Coñecemento da historia da tipografía e do papel que xogou na evolución do deseño gráfico e editorial ao longo das épocas.
  C7 Coñecer a xeometría descritiva básica e ter habilidade, soltura e destreza nos distintos sistemas de representación utilizados habitualmente para o deseño gráfico e o deseño de moda.
  C8 Coñecer os valores simbólicos e os procesos necesarios no deseño de produtos, na comunicación visual, nos sistemas e nos servizos de deseño.
  C9 Adquirir destreza no manexo das técnicas das disciplinas transversais da fotografía, edición de vídeo, técnicas de animación, ilustración e infografía.
  C10 Saber aplicar a metodoloxía de investigación relevante no deseño, fontes, análise, interpretación e síntese, así como ter motivación para aplicala e desenvolvela.
  C11 Comprender e manexar os aspectos volumétricos, tridimensionais e construtivos na súa dimensión virtual a través do modelado 3D.
  C12 Coñecer os fundamentos da xestión do deseño e o seu ámbito profesional (aspectos económicos e as súas implicacións, aspectos legais, normativas vixentes, xestión de proxectos, boas prácticas e códigos deontolóxicos) de modo que permitan saber aplicalos tanto nos proxectos de deseño propios e en equipo, como na dinámica do traballo con entidades prestadoras de servizos de deseño.
  C13 Saber analizar de forma crítica a evolución dos valores estéticos, históricos, materiais, económicos e conceptuais do Deseño. Comprender a evolución histórica e a base conceptual dos discursos actuais do Deseño.
  C14 Coñecer os materiais, procedementos e técnicas asociados a cada linguaxe creativa específica, así como o vocabulario e os conceptos inherentes a cada técnica artística particular.
  C15 Saber traballar os aspectos volumétricos, estruturais e de produción no contexto dos produtos que dan soporte tridimensional ao ámbito do deseño gráfico (industria do envase e embalaxe, soportes para sinalización, obxectos e produtos simples no deseño de ambiente/espazo).
  C16 Coñecer as normativas vixentes, os formatos estandarizados, a ergonomía e as técnicas de reutilización de materiais e deseño sostible que regulan a calidade dos produtos que dan soporte tridimensional ao ámbito do deseño gráfico (industria do envase e embalaxe, soportes para sinalización, obxectos simples no deseño de ambiente/espazo).
  C17 Saber empregar a terminoloxía específica dos diferentes linguaxes aplicados aos procesos de deseño, os formatos e as especificacións técnicas dos produtos de deseño audiovisual orientados aos diferentes soportes de pantalla (TV, móbiles, tablets, PCs, proxeccións e instalacións multimedia).
  C18 Dominar e aplicar os principios da interactividade e arquitectura da información nos proxectos de deseño (narratividade, secuencialidade, son, usabilidade, experiencia do usuario, deseño responsive).
  C19 Coñecer a teoría e historia do deseño e da moda, así como o vocabulario e os fundamentos conceptuais do deseño de moda.
  C20 Ser capaz de resolver problemas nun entorno interdisciplinario do deseño de moda desenvolvendo ao máximo tanto as posibilidades estéticas como formais.
  C21 Ser capaz de aplicar os coñecementos, tecnoloxías, ferramentas e procedementos construtivos habituais no ámbito do deseño de indumentaria.
Sinale D Código Competencias
  D1 Traballar con perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
  D2 Saber comunicarse de forma oral e por escrito en lingua galega.
  D3 Coñecer as bases da sostibilidade e o compromiso ambiental co obxectivo de facer un uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
  D4 Ter a capacidade de xerar novas ideas innovadoras no ámbito da creatividade e do deseño.
  D5 Ser capaz de dirixir e xestionar proxectos de creación e deseño.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000