Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Pilates aplicado en fisioterapia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Terán a finalidade de transmitir os obxectivos da materia, detallar os contidos sobre os que se traballarán e como se fará, e aclarar os criterios de avaliación a seguir
Lección maxistral Clases teórico-participativas onde se fomentará a participación activa do alumnado e que introducirá e facilitará as diferentes actividades que conformen a aprendizaxe colaborativa. Emprego de forma xenérica de medios audiovisuais. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Aprendizaxe colaborativa Dentro das clases teóricas e en relación coas leccións maxistrais do profesorado, desenvolverase unha metodoloxía de aprendizaxe colaborativa, onde os diferentes temas veranse a través de actividades realizadas en pequeno grupo, facilitando o desenvolvemento dunha participación activa do alumnado na súa propia aprendizaxe. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas seguirase unha metodoloxía demostrativa cunha análise razoada dos exercicios que compoñen o método Pilates. O/a docente explicará e demostrará como se realizan os distintos exercicios, polo que serán prácticas guiadas onde se busque a integración, non só dos coñecementos teóricos da materia, senón tamén dos coñecementos anatómicos, biomecánicos e de patoloxía que xa posúan. Todos os exercicios presentaranse nunhas fichas de prácticas, onde parte da información xa a vai a dar o/a docente da materia, tendo o alumnado que completala. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi.
Traballo tutelado Os traballos implicarán un papel completamente activo por parte do alumnado e serán elaborados en grupo (conformaranse varios grupos dentro de cada grupo de práctica). Os traballos consistirán en elaborar e impartir unha clase de Pilates enfocada, ben a unha patoloxía prevalente na nosa sociedade, ben a unha poboación cunhas condicións físico-funcionais determinadas. Ademais, os grupos deberán entregar un informe da clase proposta no cal se expoñan os obxectivos principais da sesión para aquela patoloxía ou poboación, así como a descrición dos exercicios que integran a clase e un vídeo coa representación dos exercicios que a conformen. Darase información a través da plataforma de teledocencia Moovi. O/a docente exercerá un papel de orientador e apoio no proceso de elaboración do traballo en cada grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000