Educational guide 2023_24
Facultade de Fisioterapia
Grao en Fisioterapia
 Materias
  Fisioterapia no deporte e a actividade física
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como para presentar a materia.

Xeralmente realízase na primeira semana de docencia da materia e se desglosará detalladamente a metodoloxía a levar a cabo, así como a avaliación da materia.
Lección maxistral As clases teóricas serán participativas e utilizarase a consulta didáctica, debate, estudo de casos e estratexias de resolución de problemas. O alumnado terá á súa disposición na plataforma de teledocencia as notas elaboradas polo/o profesor/a, que lle servirán de guía.

Solicitarase a participación activa do alumnado.
Traballo tutelado O alumnado deberá elaborar un traballo relacionado coa Fisioterapia do Deporte. Cada grupo, de acordo co/o profesor/a, fará o traballo cunha orientación específica sobre o tema e utilizarase a plataforma de teledocencia, así como as tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
O traballo terá que seguir a Fisioterapia Baseada na Evidencia. Tamén se requirirá a consulta de bases de datos científicas e o uso de buscadores de artigos científicos.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio utilizarase a demostración experimental, a estratexia de simulación, o tratamento didáctico de erros e o adestramento sistemático. O/a docente fará a demostración de como se debe realizar a valoración e/ou o protocolo de tratamento, a continuación o alumnado realizará por parellas a práctica entre eles, sendo corrixidos polo/a docente e aclarando todas as dúbidas que poidan xurdir. Na corrección terase en conta por unha banda a posición do usuario/paciente, as tomas e contratomas realizadas, así como a execución da manobra e por outra banda a altura da mesa de tratamento e a postura do alumno que está a realizar a práctica. Así mesmo, terase en conta a actitude do alumnado.
O alumnado debe coñecer o fundamento teórico e a evidencia científica que sustenta cada unha das técnicas que aplica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000