Guia docente 2023_24
Facultad de Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Proxectos: creación e presentación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Observación sistemática Valórase a asistencia e participación na aula 20 A2
Cartafol/dossier Práctica 1 20 B6
C5
C13
C15
D4
Cartafol/dossier Práctica 2 20 B6
C5
C13
C15
D4
Cartafol/dossier Práctica 3 20 B6
C5
C13
C15
D4
Cartafol/dossier Práctica 4 20 B6
C5
C13
C15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTÍNUA

Prácticas e porcentaxe de valoración

A materia estrutúrase en varios talleres. As prácticas desenvolvidas nestes talleres constitúen o 80% da nota. O 20% formula con respecto á asistencia aos distintos talleres (observación sistemática).

P1. Práctica 1. Valoración do 20% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P2. Práctica 2. Valoración do 20% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P3. Práctica 3. Valoración do 20% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P4. Práctica 4. Valoración do 20% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

A1. Asistencia ás sesións na aula. Valoración do 20% sobre o total da nota. En todas as sesións da asignatura tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura). Esta será a proba para demostrar a asistencia e a única vía para optar á valoración do 20%.

P1(20%) + P2(20%) + P3(20%) + P4(20%) + A1(20%) = 100% da nota


SEGUNDA OPORTUNIDADE. BREVE DESCRIPCIÓN

O alumnado que curse a avaliación continua deberá superar na segunda convocatoria todas aquelas metodoloxías ou probas que non superara na primeira convocatoria.

A efectos de coordinar a segunda oportunidade, o alumnado deberá contactar co docente responsable da materia, quen establecerá as probas pertinentes, ben sexa a través de Moovi ou de forma presencial, durante a data establecida e aprobada na Xunta de Facultade.

As condicións de segunda oportunidade descritas aquí aplicaranse nas sucesivas convocatorias.

INDICACIÓNS SOBRE O SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

O sistema de avaliación por defecto da Universidade de Vigo é o sistema de avaliación continua. Aqueloutras alumnos que opten polo sistema de avaliación global deberán seguir as seguintes pautas.

Pautas formais imprescindibles previas á avaliación:

O alumnado deberá informar ao docente da súa renuncia expresa ao sistema de avaliación continua no prazo establecido polo centro, anexando o documento cuberto e asinado habilitado para tal fin.

Pautas o día da avaliación:

A proba de avaliación global realizarase na data e horarios previstos polo centro no calendario de exames oficial e avaliará de forma sistemática todas as metodoloxías e probas establecidas na guía docente. O estudante deberá superar todas e cada unha das probas de avaliación previstas, obtendo unha cualificación mínima de 5 puntos en cada unha delas.

Prácticas e porcentaxe de valoración

P1. Práctica 1. Valoración do 25% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P2. Práctica 3. Valoración do 25% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P3. Práctica 3. Valoración do 25% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P4. Práctica 4. Valoración do 25% sobre o total da nota. A información sobre as tarefas a realizar, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán explicadas presencialmente na aula e/ou a través da plataforma Moovi.

P1(25%) + P2(25%) + P3(25%) + P4(25%) = 100% da nota

A información sobre as probas de avaliación, o seu formato, extensión, rúbrica de avaliación e canles de entrega serán detalladas a través da plataforma Moovi. É responsabilidade do alumno/a estar atento á información publicada e recopilar a información específica e complementaria necesaria para superar a materia.


Outros aspectos a ter en conta

Esta materia impártese en modo PRESENCIAL, polo que é deber do alumnado asistir ás sesións docentes no horario establecido polo centro.

Como xa se indicou ao explicar o sistema de avaliación continua, en todas as sesións tomarase nota dos membros asistentes (Folla de asinaturas indicando nome, DNI e sinatura).

Esta normativa é aplicable a todos os alumnos e alumnas matriculados nesta materia, SEN EXCEPCIÓN.

A guía docente presenta o enfoque xeral da asignatura. Por motivos de extensión e debido á imposibilidade de subir documentación complementaria na plataforma Docnet, os detalles máis concretos sobre o sistema de avaliación global xestionaranse en tempo e forma a través da plataforma Moovi.

Todo o non contemplado e/ou detallado expresamente nesta guía será regulado polas indicacións do Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (Aprobado no claustro do 18 de abril de 2023). Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000