Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Fotografía publicitaria
   Resultados de aprendizaxe
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer e usar adecuadamente os recursos que posibiliten as novas tecnoloxías da información e a comunicación orientados á fotografía publicitaria.
Emprender accións e tomar decisións a partir dos coñecementos teórico-práctico adquiridos.
Proceso de toma de decisións entre distintas opcións para executar un orixinal publicitario.
Coñecer e valorar as principais aplicacións, tipos e especialidades de fotografía publicitaria: moda, interiorismo, bodegóns ou alimentación, entre outros.
Coñecer, interpretar e valorar proxectos creativos destinados a fotografía publicitaria.
Coñecer os medios técnicos e formatos utilizados en fotografía.
Coñecer e aplicar os procesos básicos de iluminación fotográfica nos seus aspectos técnicos.
Analizar e desenvolver un proxecto de composición fotográfica
Coñecer e aplicar os procesos básicos de tratamento dixital da imaxe fotográfica nos seus aspectos técnicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000