Guia docente 2017_18
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación
Máster Universitario en Dirección de Arte en Publicidade
 Materias
  Prácticas en Empresas
   Competencias
Código Descrición
CE7 Coñecemento da dirección de arte en publicidade como unha disciplina profesional autónoma.
CE8 Coñecemento das técnicas e procesos creativos publicitarios, tanto a nivel teórico como práctico.
CE9 Coñecemento e identificación de recursos, elementos, métodos e procedementos utilizados en todo proceso de creatividade publicitaria.
CE10 Capacidade teórico-práctica na creación, elaboración e desenvolvemento dun orixinal publicitario no marco dunha estratexia corporativa global.
CE11 Coñecementos básicos para situar a actividade publicitaria nun contexto de competencia local, nacional e internacional, incidindo na importancia das técnicas creativas como un activo publicitario diferencial.
CE12 Capacidade e habilidade para crear e desenvolver ideas de proxectos no ámbito publicitario.
CE13 Capacidade para concibir, producir e deseñar mensaxes creativas eficaces no marco dunha estratexia publicitaria.
CE14 Capacidade para escribir textos publicitarios con fluidez, e adecuación ás necesidades creativas dunha mensaxe.
CE15 Capacidade de adaptarse ás esixencias creativas dos clientes que requiren a contratación dun servizo publicitario.
CE16 Capacidade para adaptar unha mensaxe publicitaria aos seus distintos públicos.
CE17 Capacidade para adaptar un orixinal publicitario ás necesidades creativas e de produción de cada un dos medios publicitarios.
CE19 Capacidade para coordinar equipos e liderar a creación de campañas publicitarias desde o punto de vista creativo.
CT2 Capacidade de traballar de forma autónoma como creativo publicitario (nas súas máis diversas acepcións) unha vez finalizado e superado o curso de posgrao.
CT3 Capacidade para asumir riscos temáticos e ideas innovadoras na fase de creación e desenvolvemento de contidos publicitarios para distintos medios e soportes.
CT4 Práctica sistemática de autoavaliación crítica de resultados: valoración da importancia de corrixir os erros cometidos no proceso creativo.
CT5 Habilidade para a organización e temporalización das tarefas de cara a cumprir os prazos de entrega dos orixinais de acordo cunha estratexia publicitaria determinada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000