As Relacións Públicas están ao servizo dunha gran variedade de institucións na sociedade e para lograr os seus obxectivos estas organizacións deben desenvolver relacións eficaces con públicos ou audiencias moi diversas. A materia pretende que o alumnado teña competencia no deseño e execución das técnicas que permitan xestionar do mellor xeito posible esas relacións das entidades, públicas e privadas, cos seus públicos, tanto externos como internos e co conxunto da sociedade; abordando cuestións coma as relacións cos medios de comunicación, a organización de eventos, o lobismo e outras técnicas especializadas ou as accións de Relacións Públicas nos medios sociais e na contorna das tecnoloxías da información e a comunicación.